MARTES 22/12.NADAL

EMOCIONANTE E IMPRESIONANTE.SEN  MÁIS

BO NADAL!!!

PREME NA IMAXE

LUNS 21/12

Remata hoxe Son de Son, por este ano; e queremos facelo con un tema importante: os xoguetes ,e tamén os xoguetes que non son xoguetes. De seguido o entenderedes.

Escoitamos na entrada a canción en español da célebre película Toy Story.  Vemos agora os créditos iniciais da primeira (xa hai 4 desta serie tan ben considerada por público e crítica). Foi a primeira película de animación por ordenador, alá polo ano 1995. 

Agora falamos de outro tema máis serio :

o abandono animal. 

Gustaríanos  moito escoitar as vosas opinións.
Como ben sabedes, nestas datas tamén se agasallan animais, coma se foran xoguetes, pero non o son. Convidámosvos a ver estes vídeos que explican a situación.
Imaxina que eres a nena con coletas. Si, a que vai facer o papel de can.
Unha aperta, e que teñamos un bo 2021!!

VENRES 18/12.

 As tradicións destas festas son moitas, sabedes dicir algunhas? 

Unha delas é que todos os anos se retransmite para o mundo o concerto de Aninovo dende  Viena (Austria). Adoita ter o mesmo repertorio , moitos valses dos Strauss, pero se hai unha peza agardada polo público é esta:

Estes novos artistas sácanlle partido así... Tomade nota.

XOVES 17/12.

 Hoxe cantamos unha panxoliña con música pop. É orixinal dunha das bandas máis coñecidas da historia da música, os británicos The Beatles.

Mirade a sorprendente montaxe audiovisual que fai esta rapaza dunha das cancións.

Agora si. Todos a cantar!

MÉRCORES 16/10

 
A figura dos persoaxes que achegan agasallos á rapazada polo Nadal é propio de moitas culturas . Pode ter variacións en canto a nome e figura ( Papá Nöel, Santa Claus, Reis Magos, Bruxa Befana, Olentzero, Tió de Nadal, Ded Moroz, etc...), pero todos espertan a mesma ilusión.

En Galicia temos o Apalpador; un carboeiro que baixa das montañas para apalparlle a barriguiña ós nenos e nenas para ver se comeron ben; deixándolles un feixe de castañas e algún que outro agasallo. Esta tradición comezou a recuperarse hai uns cantos anos en toda a Comunidade, ainda que é orixinaria das zonas orientais de Galicia.


MARTES 15/12.

Hoxe escoitamos durante a entrada un popurrí de panxoliñas, interpretado pola Orquestra Sinfónica de Londres.
Tedes curiosidade por saber algo sobre como se celebra o Nadal noutros países?
E Sherk..?., celebrará tamén as festas?
O espíritu do Nadal non debera abandonarnos nunca. Aquí tendes un experimento social que pretende conectar ás persoas...

LUNS 14/12.María Fumaça

María Fumaça é un proxecto musical que naceu no 2012 do amor e as gañas por axudar e facer feliz a Rui, un neno con parálise cerebral.

Xurdíu coma un agasallo de Nadal da man da súa madriña Uxía Senlle, coñecida cantante galega, e coa colaboración de outros artistas e amigos.

Xa levan uns cantos libros-CD/DVD dende aquela. Canto amor!

Rui tamén participa , aquí o escoitamos cantar.
Nunca deixes de soñar...

VENRES 11/12

 "Holly Jolly Christmas" cantada por Michael Bublé, foi a canción que escoitaches ó entrar.

Si, si, é difícil non enterarse de que se achegan festas!  Que che parecen a ti  todos os excesos do Nadal? Que propós?


De seguro, algún agasallo recibirás. Fíxate no empaquetado. Hai moitos xeitos de facelo:  con arte, con cariño, curiosos, orixinais.... 

Xapón ten unha cultura chea de detalles, e o empaquetado non podía estar excluido... Hai toda unha arte en empaquetar con teas, pero nós aprenderemos o seu xeito de facelo con papel, diferente ó noso. Ademáis, neste caso, sen cinta adhesiva!!

XOVES 10/12

Estas festas teñen unha orixe relixiosa,  co nacemento dun neno coma protagonista.

A música está presente dende que nacemos. Así en todas as culturas hai cancións para bebés ( "cantigas de berce", "nanas"," lullabies"...).

Hoxe traemos unha pequena mostra.

Estas dúas, do libro disco "Non hai berce coma o colo".


Agora escoitamos outra moi orixinal, case cantada dende a barriguiña..
E para rematar, unha que fala dun ser fráxil, que precisa moitos coidados e atencións... Toda unha vida a estrear!

MÉRCORES 9/12.

 Achégase o inverno, dúas son as festas importantes que celebramos nesta estación. Unha é o Nadal, ...e a outra?

Adicamos hoxe a sesión á neve. Na praia da Magdalena de Cabanas ten nevado algunha vez, pero a carón do mar é máis difícil... En zonas máis altas como Lavandeira é máis posible ver xeadas, e tamén neve. Xa sabes que o mar regula as temperaturas; en zonas do interior o calor e o frío son máis extremos.

"Walking in the air" é unha canción da película curta "The Snowman". Nesta ocasión escoitamos a versión de André Rieu; un violinista, director de orquestra e compositor neerlandés (o que antes se coñecía coma Holanda, e que hai pouco lle cambiaron de nome a Paises Baixos).

André pensa que na vida hai que cumplir os nosos soños, e el intenta acadar os seus. Fai adaptacións de pezas musicais coa intención de achegalas a tódolos públicos. Os seus espectáculos semellan de película, implícase totalmente na produción de todo, incluso o deseño do vestiario dos numerosos participantes. A súa orquestra , a"Johann Strauss Orquestra", é a orquestra privada máis grande do mundo. Materializar os soños levouno á ruina nalgunha ocasión pero seguiu adiante e con moito éxito.

Presentamos agora esta preciosa canción en portugués:
E esta tenra historia da artista Sia, da que xa falamos.
Se queres saber máis dos copos de neve..., podes ver este curto vídeo informativo.

VENRES 4

 Así estreamos oficialmente o especial SdS Nadal que nos acompañará este mes.

Ide quentando motoressss...

XOVES 3

 Hoxe escoitamos na entrada o Waltz nº 2 de Dmitri Shostakóvich, un importante compositor e pianista ruso.

E agora podedes disfrutar doutra peza, acompañando a un famoso conto do escritor danés Hans Christian Andersen, escrito no 1838!!
Libros e xoguetes, polo Nadal.

MÉRCORES 2: Hallelujah. Lindsey Stirling.

Xa falta menos para o Nadal, moitos diredes Aleluia!!

Así se chama esta canción tamén. Orixinalmente é dun cantautor chamado Leonard Cohen, no ano 1984, pero a súa non é a máis popular de tódalas versións.

Lindsey é unha violinista, bailarina, vocalista e compositora estadounidense. Dende pequena interesábanlle moito dúas cousas: o baile e o violín. A súa familia non podía pagarlle clases das dúas; así que tivo que elixir, e quedou co violín, pero sen renunciar a bailar. Xa de rapaza, logo de presentarse a concursos onde dubidaban da súa capacidade para facer as dúas cousas ben ó tempo, decidíu amosarse en internet, onde obtivo grande éxito. Hoxe en día é unha estrela. Dixo un día: "A única razón pola que teño éxito é porque me manteño fiel a min mesma".

Que ninguén che diga que non podes. Por que non?
Bueno, e por se queredes seguir celebrándo...

MARTES 1: El cóndor pasa, Leo Rojas.2012.

 Leo Rojas é o nome artístico dun músico ecuatoriano que toca a coñecida coma flauta de pan. 

"O cóndor pasa" é unha peza orixinal do ano 1913, dun compositor peruano e está baseada na música tradicional andina (dos Andes). É considerada coma o segundo himno oficial de Perú.

As poderosas civilizacións antigas americanas estaban moi vencelladas á natureza. O cóndor é unha das aves voadoras máis grandes do mundo. Pode chegar a medir tres metros coas ás abertas. En América Latina é símbolo de grandeza e liberdade.

Hai moitas versións desta canción, mais sen dúbida, destaca unha dun dúo inglés que a popularizou mundialmente nos anos 70. Aproveitamos para recrearnos con imaxes daquelas terras.
Comezamos así o mes de Decembro.

VENRES 27/11.RADIO CABANAS

Xa nos tardaba, non?
Novo programa de Radio Cabanas, escrito , montado e  dirixido  integramente polo alumnado de 5º de Primaria,  coa colaboración dos rapaces e mestres doutros cursos.
Vai molar, e sábelo.....

XOVES 26/11.IGUALDADE

IGUALDADE:Calidade de igual.Igualdade entre todos os humanos.

Preme na Imxe para ver  o vídeo:

Agradecementos a Paula, Aitana e Carla.

MÉRCORES 25/11.DIVERSIDADE

 Diversidade:

Carácter do que é diverso.

Diverso :

De distinta índole ou especie.

Agradecementos : Carla,Aitana e Paula.

MARTES 24/11.EMPATÍA

 EMPATÍA:

Calidade de quen respecta as opinións e actitudes dos demais aínda que non coincidan coas súas.

Preme na Imxe para ver  o vídeo:

Agradecementos: Martiña,Lucía López e Xoana.

Luns 23/11.TOLERANCIA

 Tolerancia:

Calidade de quen respecta as opinións e actitudes dos demais aínda que non coincidan coas súas


Agradecementos a:Xoana, Martiña e Lucía López.

VENRES 20/11: Makeba. Jain, 2016.

Jain é unha cantante, música e compositora francesa. Como algúns dos artistas que xa presentamos, levou unha vida viaxeira dende nena (Europa, Medio Oriente, África...). Todo iso enriqueceu o seu estilo musical.

O seu primeiro disco é de 2015, mais xa acadou varios premios.

Admirade este video tan orixinal!

XOVES 19/11.Como eu canto. Ses.

Mª Xosé Silvar, coñecida por SéS, é como ben sabedes unha cantautora galega con moita sona.

Comezou no mundo do baile e a música tradicional. É filóloga, experta en língua galega, entre outras cousas; pero ela séntese cantareira.

A súa música é fundamentalmente reivindicativa (se non sabes que significa esta verba, búscaa no dicionario). Ela é rebelde, moi rebelde coas inxustizas.

MÉRCORES 18/11.

Hoxe veremos esta emocionante curta animada coa música de fondo da famosa canción de Ed Sheran, "Perfect".

Para rematar..., uns consellños de vida dos Fragel.

MARTES 17/11.Aquarela. Toquinho, 1983.

O coñecido artísticamente coma Toquinho, é un guitarrista e cantautor brasileño, que leva activo máis de 50 anos. Disfrutade deste suxerente vídeo e da canción en español.

Ai, a arte..., que  beleza. Cantas posibilidades!!

Viaxamos  hoxe a  Marrocos (África), con esta extraordinaria artista ucraína. A "Art  Sand"  é arte con  area,  é arte  do efémero (o que dura  pouco...).  Non  perdades  ollo dás  marabillosas  transformacións...

LUNS 16/11. Irish Treble Danza Irlandesa.

É unha agrupación de música e danza tradicional irlandesa de Madrid. Formada por catro bailarinas e catro músicos. Nos seus espectáculos tamén fusionan o tradicional con outros xéneros para crear propostas cheas de frescura e orixinalidade.

Sen dúbida este tipo de danza arríncanos os pés do chan! Pero... por que será que nesta rúa só baila a nena pequena?

VENRES 13 /11 : BOYS IN ACTION.

 

E para rematar a semana...

XOVES 12 /10 , Balorleak2018.

Hoxe achegámonos ó País Vasco e á súa lingua, o euskera.

Baloreak(valores) é o nome dun grupo que tenta achegarnos coas súas cancións iso, fomentar valores esenciais humanos. Nenos doutros países tamén colaboran con eles.

MÉRCORES 11/11.HUMAN,2015.

Yann Arthus -Bertrand é un fotógrafo francés mundialmente coñecido polos numerosos libros de fotografías aéreas do noso planeta, as súas paisaxes e xentes. Na nosa Biblioteca temos algún. Tamén fai documentais coma este, do que presentamos algún cachiños...

Recomendamosvos o de HOME(fogar), do ano 2009.
Aquí o tés, por se che interesa.
Outro tamén ben interesante é Planeta Océano.

MARTES 10/11.PÁRAMO PICTURES

Páramo Pictures é un grupo galego que ten moito éxito na rede.

Está formado por Daniel Moreiras, vocalista da orquestra Costa Dorada; Iván Capón, profesor de instituto; e María Portero, psicóloga.

Fan parodias de cancións coa retranca típica da nosa Galicia. Poñen en valor o mundo rural en clave de humor. A idea é pasalo ben, aínda que non desaproveitan a oportunidade de facer crítica política e social.

Non o creredes, pero atopamos un artigo escrito dunha profesora universitaria rusa analizando o seu éxito! Parabéns para eles.

LUNS 9/11.CONCHITA.

Hoxe adicámoslle o día ás persoas que están enfermas.

Comezamos con esta canción de Conchita, unha cantante e compositora española que naceu en Finlandia e vivíu en Rusia, Francia e Alemania ata os 14 anos...

Toca a guitarra, o piano e a batería; ademáis de participar en todo o proceso creativo dos seus vídeos.

"Un beso redondo" foi a súa achega para conmemorar o Día do Neno Hospitalizado (o 13 de Maio) do ano 2015, con fins benéficos.

Estoutra é froito dunha experiencia dramática a nivel persoal que vivíu , pero con final feliz. Os nenos que aparecen no vídeo, compartiron hospital co seu fillo.
E para rematar..., este bonito vídeo:

VENRES 6/11.Gran concerto de A Gramola Gominola

A  Gramola  Gominola é un grupo de música rock para o público familiar.

Unha proposta de calidade que garante diversión para gozar en familia a través da música.

No seu repertorio hai temas con diferentes ritmos musicais que van desde o rock, disco, punk ou reggae.

Músicos: Paco Cerdeira (guitarra),  Anxelo de  Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz(batería).

PREMIO MARTIN  CODAX DA MÚSICA 2018 Ao MELLOR GRUPO INFANTIL

XOVES 5/11- EPISODIO FINAL

 Hoxe vai de rock, unha música moi enerxética. Sabedes que curiosamente aparella moi ben coa música clásica coma a que escoitamos onte? Hai innumerables versións de temas que entrelazan os dous xéneros. Xa o veremos.

Bueno, pois hoxe vai de demos. Tivemos bruxas, monstros, pantasmas, arañas... e comeremos castañas!

Pero ACDC, non nos permite reproducir o seu video no noso blogue.Deixamos o enlace:

Moitos pensan que os afeccionados ó rock máis forte están posuidos...  Debe haber moito demo solto... Sabedes ler o número de visitas que rexistra este vídeo no momento que o puxemos aquí? 436.687.800

Sería perigoso para os máis pequenos asistir a este tipo de concertos tan multitudinarios(con tanta xente), posiblemente unhas 200.000 persoas. Aí tedes ós australianos de AC/DC actuando na Arxentina. Vése que non fai falla entender o idioma para disfrutar da música que che gusta... Algún poder especial terán, para levar case 50 anos así de marchosos. Aquí está a Autopista ó Inferno:

  https://www.youtube.com/watch?v=gEPmA3USJdI 

Cantamos?


MÉRCORES 4 /11.EPISODIO VIII

 Hoxe, rap co noso amigo Paco Nogueiras, que tamén visitou o  cole hai uns anos. A rapear!!



MARTES 2/11.EPISODIO VII

 Hoxe toca escoitar,sentir, vivir,emocionarse.....

LUNS 1/11.EPISODIO VI

 Seguimos coas cousas do Samaín, nesta segunda semana, que vai seguir estando chea de ......

VENRES 30/10.-EPISODIO V

XA É VENRES!!!




XOVES 29/10.- EPISODIO IV

 Semella que  os seres máis horrorosos se poñen dacordo para ir de festa xuntos...

Mais non todos dan tanto medo...

MÉRCORES 28/10.- EPISODIO III

O bo se breve, dúas veces bo:



MARTES 27/10.EPISODIO II

Tempo de Samaín,Magosto, Haloween...tempo de misterios e de sorpresas.

LUNS 26/10.-ESPISODIO I

Hoxe comezamos  un especial de dúas semanas para celebrar o Samaín, o Magosto e tamén, por que non, o Halloween.

A rapazada de 2º encargarase das presentacións... 

Sonche o demooo!!!

VENRES 23/10.- "BASKET CASE". Green Day, 1994.

Hoxe é venres!  

A tradución desta canción é "caso perdido". Pop punk para comezar o día con enerxía.

A que semella atoparse en perfectas condicións é esta rapaza de NY chamada Kristina Schiano. Fixádevos na cantidade de visitas que ten esta súa versión en batería da canción.

Tamén, no recadro onde se lle ven os pés. Porque a batería se toca "a catro patas"...

Tomáaaas!!! Andas por aí? Cando nos vas tocar algo coa túa?

XOVES 22/10.- QUÈ SERÉ QUAN SIGUI GRAN?. Dàmaris Gelabert.

Esta muller é unha músico. compositora e educadora experta en musicoterapia. Naceu en Barcelona e adícase por riba de todo á música infantil. Podedes vela no vídeo de hoxe. SdS tamén en catalán.


E ti, que queres ser de maior?

MÉRCORES 21/10.-VENT FRAISE". Cécile Corbel,2018.

 É esta unha artista francesa que canta, compón e toca a arpa céltica.

No noso cole tamén hai unha profe que naceu e vivíu 14 anos en Francia. Sabes de quen falamos?

Se queredes saber máis, preguntádelle.

Vento fresco, vento da mañá, vento que sopra nas copas dos grandes piñeiros...

Se queredes construir unha andavía,tarabela, ruxideira, martabela, trapela, trécola ou viraventos, aquí tendes unha idea. Tentade buscar outros materiais, probade,  perfecionade e sacade conclusións...Ó mellor vos interesa a enxeñería e a física ...

MARTES 20/10. "DESDIBUXAR", Guadi Galego, 2018.

Guadi naceu en Cedeira, e dende nova iniciouse na músic a formando parte de grupos coñecidos ata que comezou a súa  imparable carreira en solitario.

Este mesmo ano recibíu un premio por promocionar as diferentes línguas que temos en España, cunha álbume no que incluía cancións en moitas delas.

Un dos seus temas é case o himno non oficial do cole. Xa sabes cal é? 

No ano 2017, 1000 estudantes da nosa comarca a cantaron a coro en Navantia. Esta é a proba:

LUNS 19/10. "VIVIR". Estopa con Rozalén, 2020.


En moitas ocasións, os artistas colaboran xuntos, coma neste caso.

Hai moitas interpretacións desta canción en Língua de Signos, pero a que vos ofrecemos hoxe é moi tenra e simpática. Teremos que aprender algo, non?

No cole hai algunhas profes que saben. Lembrades algunha actuación deste tipo en Radio Cabanas?


E a orixinal...

Venres 16/10.You're Never Fully Dressed Without a Smile .Sía


Para despedir a semana, un sorriso. 

Sia é unha cantante australiana moi influinte na industria da música a nivel internacional. Leva máis de 30 anos compoñendo cancións , bandas sonoras de películas, e temas para outros coñecidos artistas.

Fuxe da fama. Durante uns anos decidíu cantar cunha perruca de dúas cores que lle cubría o rostro... Recentemente fixo público que padecía unha enfermidade que lle causaba moita dor.

You're never fully dressed without a smile (Nunca estarás completamente vestido se non levas un sorriso). Son de balde!!

A acción transcurre en New York.

Xoves 15/10 : O Danubio azul.Johann Strauss

Logo de escoitar xuntos o coñecido valse do compositor austriaco Johann Strauss (1825-1899). 

Que será Danubio?

A peza, que xa ten 154 anos, segue a estar moi viva!

Coma esta curta animada de 1960 , tan inxeniosa...

MÉRCORES 14/10.Akai Hana.

Akai Hana, está baseada nunha canción tradicional xaponesa.

Parece que a súa traducción é "Flor Vermella, flor branca"; e conta a historia de amor de un rapaz que agasalla á súa moza cunha flor vermella e ela ó poñela na testa convírtese nalgo tan belo coma o sol. Ó darlle unha flor branca, ela é tan bonita coma a lúa...

Vexamos a uns nenos de Madrid, que xa a aprenderon! Nós conformámonos con cantar o retrouso... Non podemos escribilo en xaponés,mais pronunciaríase así:

Akai hana, akai hana, ano hito-no kami ni.

saite yureru darou ohisama no you ni.

Martes 12+1/10.ALEGRIA- Encore | Cirque du Soleil Official Music Video


Cirque du Soleil (Circo do Sol), é unha empresa con sede en Canadá, fundada hai 35 anos. Empregaba a máis de 3500 persoas de moitos paises, creando espectáculos temáticos ó máis alto nivel.

A situación actual que padecemos lle afectou moi negativamente a nivel económico, tanto, que tenta non pechar. Sería unha grande perda.

Esta canción dun dos seus espectáculos co mesmo nome, está cantada en tres idiomas (inglés, italiano e español).

VENRES 09/10: The Lazy Song. Bruno Mars,2010.


Hoxe estrearemos uns días de vacacións. Esta canción preguiceira nos recorda que ás veces non temos gañas de facer nada... Como el, a rañar a barriga!!

Logo de escoitar a orixinal, compartimos este divertido vídeo. Supoñemos que son fans...

Outra que está pensando o mesmo é a nosa querida Sofía Espiñeira. Disque que lle gusta a vida contemplativa (ainda que para nada ela é así). E ti, es preguiceiro?

XOVES 08/10: Tarantella Napolitana. Peza tradicional italiana.

 Logo de escoitar a peza tradicional, vemos unha marabillosa versión dunha guitarrista española.



MÉRCORES 07/10 : River flows in you. Yiruma, 2020.


Un dos temas máis coñecidos mundialmente deste pianista surcoreano. Comezou a tocar ós 5 anos, e ós 11 marchou a Londres a estudar  música nunha escola. Disfruta desta belísima peza. Sentes o río fluíndo dentro de ti?

Pezas instrumentais coma esta utilízanse de acompañamento en actividades artísticas ou deportivas.

MARTES 06/10 : Rescue me. One Republic,2020.

 

Non sabemos se este neno é un superheroe pero, dende logo, ten poderes...

Que sabes do que se coñece coma bulling? Que debemos facer todos nos casos de acoso?

Un agasallo:

Luns 05/10: Mundo Imperfecto. Sidecars, 2020.

 Aviso importante!!!

Estas imaxes corresponden a actividades de moito risco, non intentes copialo. Éstes tiveron moita sorte, pero os hai que non o contan... Sen facer grandes acrobacias... moita xente cada ano queda tetrapléxica por tirarse ó mar dende as rochas.

Cal é a verdadeira mensaxe da canción? Que fas ti cando as cousas che saen mal?
Parece que esta rapaza non se rendíu...

VENRES 02/10 "Everybody needs somebody to love". Versión de The Blues Brothers, 1980.

A canción orixinal (a primeira), é de 1964 (calcula...), e non tivo tanto éxito coma este "cover" (versión) que fixeron para unha película chamada "The Blues Brothers"  (os irmáns do blues). Ás veces ocorre... 

Nada máis que dicirvos. Aquí tendes unha proposta para bailala...

XOVES 01/10: Xogamos con PIM PAU

Eva, Lucho e Cássio, son os tres compoñentes de PIM PAU. Desenvolven un proxecto arxentino-brasileño de arte, música e educación para nenos e adultos moi exitoso e recoñecido. 

O xogo é o eixo central das súas actividades.

Queredes xogar??? 


Agora , un pouco máis difícil.

MÉRCORES 30/09 : "Volar". Álvaro Soler, 2016.

Álvaro Soler é un artista novo, ten 29 anos, pero moi polifacético. Ademáis de ser músico e cantante, fala 5 idiomas: español, catalán, alemán, inglés, francés, italiano e ata xaponés!! Se queres saber porque, busca información.

 Ó mellor, un día destes tamén nós aprendemos algo en xaponés... Gustaríavos?

Álvaro Soler é un artista ben coñecido polas rapazas e rapaces de 2º. Cando eran pequenos, encantáballes cantar e bailar as súas cancións..., mesmo semellaba que tiñan poderes especiais porque con elas recollían nun "pis pas". Sofía, La cintura, Yo contigo tú conmigo, El mismo sol,etc... tan coñecidas por todos.
  Hoxe adicámoslla a eles!

Agora un reto para os máis maiores. Alguén se decatou de que nas palabras que aparecen na canción hai un erro ortográfico (ademáis do de non poñer acentos nas maiúsculas). Para que vos sexa máis doado, está neste cachiño:

Hoy me levanto sin pensar/ voy a dejarlo todo/ y luego pongo la mano en el aire/ hecho a volar/ sin complicarme la vida/ a disfrutar...
Veña, a ver se sodes quen de atopalo. Como vedes, ata os maiores fallamos ás veces na ortografía! Todos erramos.
Un agasallo para despedir setembro.A coreografía dunaha canción que xa cumpliu 42 anos!
En que ano naceu?
Animádevos a bailala na clase, na casa, na rúa....



MARTES 29-09: "Superheroes".Do libro-disco Xiqui Xoque Fiú Fiú de María Fumaça.

 Algúns compañeiros/as están a traballar sobre os superheroes e os seus poderes.Ti tés algún?Cal che gustaría ter?

Os maiores, que vaian tomando nota con esta canción en inglés:

"Let's be superheroes so we can save the world with our superpowers. We're super boys and super girls" (Sexamos superheroes para así salvar o mundo cos nosos superpoderes. Somos super rapaces e super rapazas.)
Fly (voa) like Superman.
Stomp (pisotea) like Hulk.
Run (corre) like Flash.
Climb (escala) like Spiderman.
Lasso (laza, de lanzar lazos...) like Wonder Woman.
Glide (planea) like Batman.
Blast off (despega) like Iron Man.
Sneak (escápate) like Catwoman.

Mira canto aprendimos con esta divertida canción!!

LUNS 28/9: "Celebration" .- Kool and the Gang

É unha canción orixinal da banda estadounidense Kool and the Gang, publicada no ano 1980.

Imos ver unha versión recente moi especial.


Playing for change é un proxecto iniciado no 2005, que ten como obxectivo xuntar músicos de distintos países para interpretar pezas en común, e así "conectar todo o planeta a través da música". Tamén é unha Fundación que constrúe escolas musicais polo mundo.

Animádesvos a seguila tocando palmas?

Venres 25/09.-A Fábrica de Carmela. A Gramola Gominola, 2017.

 

A Gramola Gominola é un grupo de rock  en galego, para público familiar.
Anxelo, Paco Cerdeira(Pakolas), Paula e Rodrigo son artistas cunha longa traxectoria que participan en diversos proxectos . 
No 2018, recibiron o importante Premio Martín Codax da música , ó mellor grupo infantil.

Mañá actúan en Chanteiro, aínda estades a tempo... Lede ben o cartel.

"Por qué, por qué?". Canticuénticos, 2018.

Mimadriña!!! Cantas preguntas!!! Seguro que ti tamén tés algunha gardada no peto.
Facer e facerse preguntas é o mellor xeito de saber. Os sabios son os que máis o practican. Por suposto, hai que tentar buscar as respostas...
Canto máis sabes
máis queres saber,
e por moito que saibas
nunca chegarás a todo saber...

Canticuénticos é un grupo arxentino de música para vós. Publicaron varios libros e discos. Son moi recoñecidos no seu país por conservar as tradicións dos cancioneiros latinoamericanos( países de América que falan español).

"Can't stop the feeling" Justin Timberlake, 2016.

 Todo ou mundo ten un  corpo e pode  movelo (agás os que, por desgraza, están enfermos). O  corpo ten a  súa  linguaxe, cada  movemento  é coma  unha nota distinta. O  corpo  fala.

Justin  T.  é un cantante, compositor,  produtor, actor, empresario,  e actor de voz (por  exemplo,  participou en  Shrek III).

Na canción di que  non pode parar ese  sentimento, que ten que bailar. Vemos  xente de diferentes  idades bailando libremente...
Se che interesa coñecer o ben que bailan os profesionais, aquí tés outro con coreografía (movementos ben estudiados e coordinados...)
Esta canción forma parte da banda sonora da película TROLLS, que de seguro coñecedes. Aquí a tedes.

" Memories". Maroon 5 ,2019.

Maroon 5  é  unha banda estadounidense de pop rock tremendamente exitosa  dende  hai anos. Esta canción  foi  estreada no pasado.Trata sobre  as  lembranzas  do que perdemos, pero  agradecendo o que  temos...
" Memories  bring  back  you"(Os  recordos  tráente de  volta). Botas de menos algo que  tiveches?  Algunha  persoa? Por que?
De seguido  veredes  unha fantástica versión por rapaces e  rapazas, inspirada  nunha  peza de música clásica  moi  coñecida.  Trátase  do Canon de  Pachelbel, músico alemán que a  compuxo  hai  máis de 300 anos! O pasado  sempre  volve... A música clásica nunca pasa de moda.
Como  veredes, a voz  é un instrumento  moi poderoso,  aínda  máis se  é en grupo. O canon consiste  na imitación entre  unha  ou varias voces separadas por un espazo de tempo, coma se  fora un eco.
Que  sintes  ó  escoitar esta música? :  ledicia,  medo,  tristura, paz,  harmonía, ira, melancolía...
Se  queres gozar  na casa  do  marabilloso canon  orixinal, aquí ou tés. Se o  escoitas  cos  ollos  pechados, podes  imaxinar que  voas...

" Unha canción". Xoán Curiel, 2014.

Hoxe remata o verán...e  despedímonos  del con esta estupenda  viaxe  coa  imaxinación.
Xoán Curiel  é  outro dous  moitos artistas  galegos que fan  cancións para  vós.  Naceu en  Fonsagrada (Lugo); e  ademais de músico e cantante,  é actor e bailarín.
Non ano 2014  presentou" Estamos no verán!!!", un libro- disco infantil.
Estade  moi atentos,porque  cando remate  teredes que  respostar a  unha pregunta.
Hai  catro escenarios  principais  onde  transcorre a acción:  noite, sala de baile,  praia, e..........................

"Un día  fixen  unha canción
sen saber  nin  comezar..."
Probaches?

Rock Molón.Uxia Lambona

Uxía Lambona e a Banda Molona Lugo - Animacion y espectaculos de calleQue podemos  dicir de Uxía  Lambona e a Banda  Molona ... Canto gozamos dá  súa visita ou curso pasado!
Simplemente  lembrade que  é un  proxecto que,  en  xeral, pretende  achegarvos  temas  tradicionais  galegos  dun  xeito  novo, utilizando distintos estilos  musicais e  coa intención principal de que  vos  divirtades .Esta  é a canción  máis  recente;,a vedes case en primicia...

"No importa que llueva" (Se chove, que chova..., que parece que cambia o tempo.)


Efecto Pasillo actuará mañana en la Plaza Mayor de Salamanca
Efecto Pasillo é un grupo de rock alternativo español / pop rock formado nas Illas Canarias. A súa música tamén inclúe elementos de funk e sons latinos.
Se chove, que chova....

Color Esperanza 2020 (versión da Panorama)

Diego Torres: “Los éxitos no hay que entenderlos, sólo disfrutarlos”Color Esperanza é unha canción popularizada polo artista arxentino Diego Torres, no 2001. Este ano fíxose unha nova versión na que participan varios artistas, coa intención de recadar fondos que se destinarán a  saúde en América Latina e o Caribe.
Agora, tamén en galego, grazas á nosa Orquestra Panorama. 
Disfrutádea!!



Pero a tu lado.Los Secretos

 A canción 'Pero ao teu lado' converteuse nun dos himnos de resistencia e unidade fronte ao Covid-19, pasando a ser a voz de múltiples interpretacións de veciños nos balcóns e persoal sanitario que asolagaron as redes coas versións máis emotivas da historia da canción.
Agora lanzan en compañía de máis dunha vintena de artistas a canción 'Pero ao teu lado', cuxos beneficios da comercialización serán doados a través da campaña promovida por Rafa Nadal e  Pau  Gasol # nuestramejorvictoria ao Plan Cruz Vermella Responde.


Busco sorrisos.El sueño de Morfeo

Lembrades a Libroucho?
Lembrades o que nos botaba de menos?
É o momento de regalarlle, de novo, os vosos sorrisos.
Benvidos a Son de Son 2020-21, comezamos con esta agradable sorpresa,cheos de ledicia por tervos de novo no Eladia Mariño
Apertas para todas e todos!

PREME NO ENLACE PARA DESCUBRIR A SORPRESA