Estas festas teñen unha orixe relixiosa, co nacemento dun neno coma protagonista.
A música está presente dende que nacemos. Así en todas as culturas hai cancións para bebés ( "cantigas de berce", "nanas"," lullabies"...).
Hoxe traemos unha pequena mostra.
Estas dúas, do libro disco "Non hai berce coma o colo".
Agora escoitamos outra moi orixinal, case cantada dende a barriguiña..E para rematar, unha que fala dun ser fráxil, que precisa moitos coidados e atencións... Toda unha vida a estrear!