VENRES 12/02 :ANTONIO LUZ

Antonio Luz é un cantautor ourensán que comezou a súa carreira musical no 2019.

As súas orixes influiron moito no xeito de concebir a vida e a música : o mundo rural ,as súas influencias flamencas e como descendente de emigrantes en Cuba. Así, na súa primeira canción "Entroido", adicada ó entroido ourensán, mistura varios xéneros musicais.

Reside en Madrid, onde está destinado coma Garda Civil. Así pensa: "Ser G:C. significa estar ó servizo das persoas, brindarlles a música ten que ver coas emocións..."

Como dixo alguén... a música non salva vidas pero cura almas...

Con todas e todos...Antonio Luz.


Despedímonos ata a volta. Disfrutade todo o que poidades!

Como colofón, un vídeo cultural.

XOVES 11/02 :O entroido das emocións : LEDICIA

 Festa rachada!!

Xuxa é unha cantante brasileña inmensamente famosa hai anos, tamén en España.

Todas e todos arriba! A ledicia precisa espazo...
Rematamos este intenso e emocionante especial, con esta particular versión do Himno da Alegría ,de Beethoven. .

MÉRCORES 10/02: O entroido das emocións:TRISTURA

Poema de Rosalía de Castro, interpretado por Carlos Núñez e Luz Casal, incluido na banda sonora da premiada película Mar Adentro do director Alejandro Amenábar. Música triste para unha película triste, onde se expón o caso real dun home galego chamado Ramón Sampedro que quedou tetrapléxico logo dun accidente na praia. O dereito á eutanasia é sempre un tema polémico...

Non sempre se chora de pena, ás veces a emoción é outra. Esta muller que veredes de seguido, gañou un concurso para poder tocar con esta orquestra.Sofre unha enfermidade que non tardando moito a apartará da música profesional. Por que pensades que chora? A rapaza loira que ri ,e tamén chora, é a súa filla.
Dende logo, a peza interpretada é  a de unha das bandas sonoras máis tristes do cine. Se querdes saber máis, preguntade.
Gústavos que chova, ou non? Seguro que hai distintas opinións... Parece que o autor destas imaxes atopa a beleza mesmo nos días máis escuros...  Santiago de Compostela ten sona de ser moi chuvioso, pero que dirán os rexistros meteorolóxicos? Canto hai de verdade nos tópicos?
Deixámosvos con este fermoso tema de Luar na Lubre.

MARTES 09/02.O entroido das emocións:NOXO

Aquí vén , para que o disfrutemos cos cinco sentidos .(Risas)



LUNS 08/02.O entroido das emocións:MEDO

 Medo? Quen dixo medo?

"Lux aeterna" é a BSO (Banda Sonora Orixinal) dunha película.Pechade os ollos e escoitade.Pode ser desasosegante...Que vos suxire?

Os cantos de Carmina Burana  ou Cancións de Beuern, é o nome dunha colección de cantos moi antigos ( de hai uns 800 anos), que se descubriron en Alemania no S.XIX."O Fortuna" é este poema concreto, popularizada polo músico alemán Carl Orff. Sorprendentemente raros, rachan coa idea de Idade Media coma a duns tempos "escuros"; pois celebran a vida e os seus praceres, criticando a orde establecida. Ése sería o espírito mesmo do entroido, non?
Todas as emocións son necesarias e teñen a súa función, ben sexan agradables ou non.Pero non queremos deixarvos así... Aquí ven Sofía Espiñeira xunto un cole de Viveiro, para rescatarnos!!

VENRES 05/02

 "What a wonderful world!" é unha célebre canción, da que se fixeron innumerables versións. É orixinal de Lois Armstrong, e foi publicada por primeira vez en 1967.

Vemos este fantástico vídeo da BBC narrado por un coñecido  científico e divulgador naturalista, coa letra da canción.

Este é o peculiar xeito de cantar de Lois A.
Así a escoitamos pola mañá:
Boa fin de semana!

XOVES 04/02

O  folioscopio.
A técnica ao servizo da imaxinación, como sempre abrindo portas.
Que tal andamos de memoria?
Quen se acorda dalgún acto no cole onde se interpretase esta canción?
Veña ,a facer memoria...

A resposta é..................

MÉRCORES 03/02

 Rogelio Arias, coñecido artísticamente coma Roger de Flor, naceu en Limodre. É músico, cantante, compositor e produtor.  As súas cancións teñen un toque humorístico moi persoal.

Co tema "Non penso volver ver a televisión", o Xabarín Club a TVG celebrou o seu 18º aniversario.

Probáches o tren?

O Felicia POP Festival, coñecido antes coma Felipop vénse desenvolvendo nos veráns de Limodre dende hai máis de 20 anos...

Na nos bisbarra temos a sorte de contar con moita oferta cultural e de ocio (agora parada): música, teatro, e artes en xeral.

Se o que che gusta é o rock, entón o teu lugar está en Fene: Fenerock, festival tamén con solera.

MARTES 02/02

 Viaxamos hoxe a Rusia co seu rico folclore. Algunhas das súas cancións son moi populares internacionalmente, tamén os seus enérxicos bailes. 

Agora presentamos outro baile non tan antigo, pero sorprendente. Beriozka e o paso flotante, cuxa execución é un secreto...

LUNS 1 /02

Comezamos o mes de Febreiro, tempo de Entroido. Este ano será distinto ó habitual, pero non ten porque perder a súa esencia. Troulas, risas, inxenio, máscaras, música...

Uns bailan cos pés, outros coas mans... O caso é danzar.

Escoitamos hoxe un tema que é probable que vos soe porque se empregou no baile de Elmer o entroido pasado...

Trátase de "Letkiss Jenkka" de Roberto Delgado e a súa orquestra, 1964. Hai moitos bailes e xogos con esta peza popular nos paises nórdicos.

Poñeremos só estas:

Outra doada:
Unha en parella, máis difícil...pero non tanto. Animádevos a facela na casa.
Se queredes aprender de percusión tedes que falar con Icía de 5º...Dáselle moi ben!

A Danza das Mil Mans interpretada por 21 bailarinas xordomudas! Debutaron na clausura das Olimpiadas Paralímpicas do 2004, converténdose en todo un fenómeno mundial.
Adicada á deusa budista da compasión Guan Yin.
"En tanto sexas amable e haxa amor no teu corazón, mil mans virán naturalmente na túa axuda. En tanto sexas amable e haxa amor no teu corazón, alongarás con mil mans para axudar a outros".

VENRES 29/01


Aburiño!

XOVES 28/01


*Éstes son vos resultados dá audición  do  mércores.

Como vedes,  hai  infinidade de  respostas diferentes. A  nosas  percepcións  do que acontece son singulares, e todas    teñen cabida.  Non había  unha correcta...!!  Reflexionade sobre  eles.

* Temos en  conta que faltaban parte dás  compañeiras/vos.

 Resultados da audición

MÉRCORES 27/01

Fagamos entre todas e todos un mundo mellor.

MARTES 26/01

 Imos poñer unha pequena mostra deso que causa tanta destrución. Unha das peores cousas que pode vivir unha persoa é unha guerra. Imaxinade as consecuencias...

 As cancións non son só para bailalas, moitas contan cousas interesantes. No mundo sempre hai guerras, a última en España foi hai uns 80 anos. Aínda vive xente para contala,pero foi tan terrible que moitos prefiren esquecela. 


Especialmente para os máis maiores propoñemos estas dúas:
A canción que veredes de seguido está adicada a un avión da Segunda Guerra Mundial (1939-45) xa que foi o encargado de botar a primeira bomba atómica  da historia, sobre Hiroshima (Xapón). Disque somos a especie máis intelixente, xa vemos, xa...

LUNS 25/01

 SdS POLA PAZ. 

Como ben sabedes, no Eladia celebramos todo tódolos días..., pero igualmente faremos un especial sobre este tema ó longo da semana.

Ai!! Barreiras de todo tipo, físicas e mentais...

VENRES 22/01: "Don't start now". Dua Lipa.

 Esto é o que fai o director dunha escola en China co alumnado... Así que Xabi..., vai tomando nota!

Imos bailar a canción de hoxe, . Expresádevos o máis libremente posible, sen vergoña, o que vos saia...
E, por se vos apetece, esa versión de baixo da mesma canción.
Boa fin de semana!

XOVES 21/01: "Tigre de bengala". Xoel López.

Xoel é un músico coruñés cunha longa traxectoria. Coñecido inicialmente coma Deluxe, fixo os seus dous primeiros álbumes en inglés. No ano 2012, recupera o seu nome orixinal. Nos últimos anos acadou grande proxección. Un dos seus temas poñerá música á campaña turística de Galicia para o Xacobeo 2021.
 

MÉRCORES 20/01

 Hoxe non escoitamos música pola mañá, porque queremos facer un experimento...

Estaremos ben sentados, ollos pechados e moi moi atentos. Seremos receptores dunha peza, e logo de escoitala en completo silencio uns 3 minutiños, escribiredes nun papel a palabra que vos suxira sen dicilo en alto. Cando teñamos todas as aportacións, publicaremos os resultados. Graciñas por adiantado. Sodes o máximo!

Bach foi un dos máis grandes músicos da historia. Vivíu entre 1685 e 1750, en Alemania. Esta peza en concreto é moi coñecida por aparecer en moitas producións audiovisuais coma películas, videoxogos, programas de TV; ademais de ser amplamente versionada.

Non sabemos se vos emocionastes, pero do que non cabe dúbida é que a música ten un poder especial, como vimos amosando aquí en SdS...

MARTES 19/01:"Libiamo ne'lieti calici". Os tres tenores.

Que se traduce coma: bebamos alegremente deste vaso. É dicir, un brindis...

É unha das pezas de ópera máis coñecidas mundialmente. Pertence a "A Traviata" de Verdi, compositor italiano (1813-1901).

Os tres tenores foi un grupo formado polos cantantes de ópera españois José Carreras e Plácido Domingo, xunto co italiano Luciano Pavarotti; que ofreceron concertos variados dende o ano 1990 ata o 2007, cando faleceu este último.

Achegaron a ópera ó gran público, converténdose en todo un fenómeno social.


 Este can creo que opina o mesmo...
E mirade a reacción deste bebé! Emociónase tamén. Definitivamente, a ópera algo ten algo...

LUNS18/01: "Meu avó iéié". Magín Blanco, 2017.

 Magín é un  polifacético  artista ourensán, nado en A Rúa.

Leva máis de 40 anos na música, colaborando con distintos artistas e grupos, e en solitario tamén. Está considerado coma un referente do pop feito en Galicia. Hai dez anos volcouse máis no público familiar, con espectáculos, libros-CD, vídeos... Na Biblioteca do cole temos algúns.

É moi querido e recoñecido polos seus compañeiros/as de profesión. Así cando hai uns anos tivo un accidente que lle impedía tocar a guitarra, nada menos que 32 artistas fixeron para el un dobre CD versionando algunhas das cancións da súa longa carreira, coma homenaxe.


 
Pois a ver se vai ser ....Estes avós nunca deixan de sorprendernos...

VENRES 15/01/2021

 Deberes para a fin de semana.

Esta canción da artista australiana Toni Watson, coñecida coma Tones and I, bateu records en decenas de países. Deixámosvos aquí unha escolma dos innumerables vídeos que hai na Rede sobre este tema.

A traballar!!



XOVES: "Viva la vida". Coldplay, 2008.

 Celebrando a vida...

Este é un concerto do grupo orixinal en Madrid, no ano 2011.

Que viva!

MÉRCORES: "Making your mind up". Bucks Fizz, 1981.

 Este novo ano, como é posible que saibades, O Reino Unido deixou de pertencer á Unión Europea. Moitos pregúntanse se poderá entón participar no coñecido Festival de Eurovisión. A resposta é si, porque o oficialmente coñecido coma Festival da Canción de Eurovisión ten como requisito só que os paises que participen sexan membros da Unión Europea de Radiodifusión, que non é o mesmo.  Engadir que este concurso leva celebrándose dende 1956 ininterrompidamente, agás no 2020 que foi cancelado polo motivo que podedes imaxinar. Aínda que moitas veces rodeado de polémica, houbo cancións que perduraron no tempo coma ésta, coa que os británicos gañaron no 1981.

Como cambian as modas e os bailes! 

Mirade esta familia en setembro deste ano... Queredes participar? Veña, ó salón!

MARTES: "O pequeno príncipe". Canción da película de 2015.

 "O principiño" é un clásico da literatura universal polo que non pasa o tempo. Pódese ler a calquera idade, porque a profundidade da mensaxe recibida será diferente. Foi escrito polo francés Antoine de Saint-Exupéry no ano 1943. Se non o lestes aínda, recomendámovolo. Por algo será o libro favorito dalgunhas mestras do cole...e de millóns de persoas.  Fixemos hai 5 anos un especial clube de lectura sobre el, e fomos ó cine para ver en primicia esta película, lembrades?

Hai varias  que recrean esta fermosa historia. Esta última é unha libre adaptación da obra orixinal na que ademáis de ser fiel á esencia da historia, toma a liberdade de interpretala nun presente e nun futuro. Estéticamente moi rica.

 Este conto para maiores, esta novela para nenos...fala da vida, fainos pensar e soñar...

Se alguén quere facer de "booktuber", xa sabe que o pode compartir por aquí.

LUNS 11/01: "Quérote máis". O Sonoro Maxín.

 Esta banda orixinaria de Ourense, nada en 2007, é o único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos de verbena.

Esta música é unha festa!! A bailar.

VENRES 8/01/2021.

 Oooola a todas e todos!! Benvidos de novo. Estreamos o ano con algo xa coñecido , para que poidades cantar e bailar a gusto.

Trátase como xa sabedes de Mamá Cabra, un dos grupos máis veteranos dos espectáculos musicais para público familiar, en galego. Poderíamos dicir que son os pioneiros na creación deste xénero en Galicia; enriquecéndoo con sons, instrumentos e xéneros musicais diversos( pop, rock, funk,etc...). Levan activos dende o ano 2000, e non paran! Moitos discos e concertos por toda a nosa xeografía.

 Para que o saibades, foi fundado por Gloria Mosquera (a que canta), e Tomi López (baixo). Reparten ledicia onde van, porque os seus concertos son participativos ,didácticos (que ensinan cousas...), e por suposto divertidos. 

 Saudade!!  Están aí!

Sorpresa! A ver se recoñecedes ó que tocaba a guitarra eléctrica daquela (estas cancións son de hai 10 anos..).Estivo hai pouco no cole dando un concerto... 

Solución:( le ó revés SALOKAP)

Bueno, ...por hoxe chega. Despedídevos con eles.