Achégase o inverno, dúas son as festas importantes que celebramos nesta estación. Unha é o Nadal, ...e a outra?
Adicamos hoxe a sesión á neve. Na praia da Magdalena de Cabanas ten nevado algunha vez, pero a carón do mar é máis difícil... En zonas máis altas como Lavandeira é máis posible ver xeadas, e tamén neve. Xa sabes que o mar regula as temperaturas; en zonas do interior o calor e o frío son máis extremos.
"Walking in the air" é unha canción da película curta "The Snowman". Nesta ocasión escoitamos a versión de André Rieu; un violinista, director de orquestra e compositor neerlandés (o que antes se coñecía coma Holanda, e que hai pouco lle cambiaron de nome a Paises Baixos).
André pensa que na vida hai que cumplir os nosos soños, e el intenta acadar os seus. Fai adaptacións de pezas musicais coa intención de achegalas a tódolos públicos. Os seus espectáculos semellan de película, implícase totalmente na produción de todo, incluso o deseño do vestiario dos numerosos participantes. A súa orquestra , a"Johann Strauss Orquestra", é a orquestra privada máis grande do mundo. Materializar os soños levouno á ruina nalgunha ocasión pero seguiu adiante e con moito éxito.