MARTES 1: El cóndor pasa, Leo Rojas.2012.

 Leo Rojas é o nome artístico dun músico ecuatoriano que toca a coñecida coma flauta de pan. 

"O cóndor pasa" é unha peza orixinal do ano 1913, dun compositor peruano e está baseada na música tradicional andina (dos Andes). É considerada coma o segundo himno oficial de Perú.

As poderosas civilizacións antigas americanas estaban moi vencelladas á natureza. O cóndor é unha das aves voadoras máis grandes do mundo. Pode chegar a medir tres metros coas ás abertas. En América Latina é símbolo de grandeza e liberdade.

Hai moitas versións desta canción, mais sen dúbida, destaca unha dun dúo inglés que a popularizou mundialmente nos anos 70. Aproveitamos para recrearnos con imaxes daquelas terras.
Comezamos así o mes de Decembro.