MARTES 22/12.NADAL

EMOCIONANTE E IMPRESIONANTE.SEN  MÁIS

BO NADAL!!!

PREME NA IMAXE

LUNS 21/12

Remata hoxe Son de Son, por este ano; e queremos facelo con un tema importante: os xoguetes ,e tamén os xoguetes que non son xoguetes. De seguido o entenderedes.

Escoitamos na entrada a canción en español da célebre película Toy Story.  Vemos agora os créditos iniciais da primeira (xa hai 4 desta serie tan ben considerada por público e crítica). Foi a primeira película de animación por ordenador, alá polo ano 1995. 

Agora falamos de outro tema máis serio :

o abandono animal. 

Gustaríanos  moito escoitar as vosas opinións.
Como ben sabedes, nestas datas tamén se agasallan animais, coma se foran xoguetes, pero non o son. Convidámosvos a ver estes vídeos que explican a situación.
Imaxina que eres a nena con coletas. Si, a que vai facer o papel de can.
Unha aperta, e que teñamos un bo 2021!!

VENRES 18/12.

 As tradicións destas festas son moitas, sabedes dicir algunhas? 

Unha delas é que todos os anos se retransmite para o mundo o concerto de Aninovo dende  Viena (Austria). Adoita ter o mesmo repertorio , moitos valses dos Strauss, pero se hai unha peza agardada polo público é esta:

Estes novos artistas sácanlle partido así... Tomade nota.

XOVES 17/12.

 Hoxe cantamos unha panxoliña con música pop. É orixinal dunha das bandas máis coñecidas da historia da música, os británicos The Beatles.

Mirade a sorprendente montaxe audiovisual que fai esta rapaza dunha das cancións.

Agora si. Todos a cantar!

MÉRCORES 16/10

 
A figura dos persoaxes que achegan agasallos á rapazada polo Nadal é propio de moitas culturas . Pode ter variacións en canto a nome e figura ( Papá Nöel, Santa Claus, Reis Magos, Bruxa Befana, Olentzero, Tió de Nadal, Ded Moroz, etc...), pero todos espertan a mesma ilusión.

En Galicia temos o Apalpador; un carboeiro que baixa das montañas para apalparlle a barriguiña ós nenos e nenas para ver se comeron ben; deixándolles un feixe de castañas e algún que outro agasallo. Esta tradición comezou a recuperarse hai uns cantos anos en toda a Comunidade, ainda que é orixinaria das zonas orientais de Galicia.


MARTES 15/12.

Hoxe escoitamos durante a entrada un popurrí de panxoliñas, interpretado pola Orquestra Sinfónica de Londres.
Tedes curiosidade por saber algo sobre como se celebra o Nadal noutros países?
E Sherk..?., celebrará tamén as festas?
O espíritu do Nadal non debera abandonarnos nunca. Aquí tendes un experimento social que pretende conectar ás persoas...

LUNS 14/12.María Fumaça

María Fumaça é un proxecto musical que naceu no 2012 do amor e as gañas por axudar e facer feliz a Rui, un neno con parálise cerebral.

Xurdíu coma un agasallo de Nadal da man da súa madriña Uxía Senlle, coñecida cantante galega, e coa colaboración de outros artistas e amigos.

Xa levan uns cantos libros-CD/DVD dende aquela. Canto amor!

Rui tamén participa , aquí o escoitamos cantar.
Nunca deixes de soñar...

VENRES 11/12

 "Holly Jolly Christmas" cantada por Michael Bublé, foi a canción que escoitaches ó entrar.

Si, si, é difícil non enterarse de que se achegan festas!  Que che parecen a ti  todos os excesos do Nadal? Que propós?


De seguro, algún agasallo recibirás. Fíxate no empaquetado. Hai moitos xeitos de facelo:  con arte, con cariño, curiosos, orixinais.... 

Xapón ten unha cultura chea de detalles, e o empaquetado non podía estar excluido... Hai toda unha arte en empaquetar con teas, pero nós aprenderemos o seu xeito de facelo con papel, diferente ó noso. Ademáis, neste caso, sen cinta adhesiva!!

XOVES 10/12

Estas festas teñen unha orixe relixiosa,  co nacemento dun neno coma protagonista.

A música está presente dende que nacemos. Así en todas as culturas hai cancións para bebés ( "cantigas de berce", "nanas"," lullabies"...).

Hoxe traemos unha pequena mostra.

Estas dúas, do libro disco "Non hai berce coma o colo".


Agora escoitamos outra moi orixinal, case cantada dende a barriguiña..
E para rematar, unha que fala dun ser fráxil, que precisa moitos coidados e atencións... Toda unha vida a estrear!

MÉRCORES 9/12.

 Achégase o inverno, dúas son as festas importantes que celebramos nesta estación. Unha é o Nadal, ...e a outra?

Adicamos hoxe a sesión á neve. Na praia da Magdalena de Cabanas ten nevado algunha vez, pero a carón do mar é máis difícil... En zonas máis altas como Lavandeira é máis posible ver xeadas, e tamén neve. Xa sabes que o mar regula as temperaturas; en zonas do interior o calor e o frío son máis extremos.

"Walking in the air" é unha canción da película curta "The Snowman". Nesta ocasión escoitamos a versión de André Rieu; un violinista, director de orquestra e compositor neerlandés (o que antes se coñecía coma Holanda, e que hai pouco lle cambiaron de nome a Paises Baixos).

André pensa que na vida hai que cumplir os nosos soños, e el intenta acadar os seus. Fai adaptacións de pezas musicais coa intención de achegalas a tódolos públicos. Os seus espectáculos semellan de película, implícase totalmente na produción de todo, incluso o deseño do vestiario dos numerosos participantes. A súa orquestra , a"Johann Strauss Orquestra", é a orquestra privada máis grande do mundo. Materializar os soños levouno á ruina nalgunha ocasión pero seguiu adiante e con moito éxito.

Presentamos agora esta preciosa canción en portugués:
E esta tenra historia da artista Sia, da que xa falamos.
Se queres saber máis dos copos de neve..., podes ver este curto vídeo informativo.

VENRES 4

 Así estreamos oficialmente o especial SdS Nadal que nos acompañará este mes.

Ide quentando motoressss...

XOVES 3

 Hoxe escoitamos na entrada o Waltz nº 2 de Dmitri Shostakóvich, un importante compositor e pianista ruso.

E agora podedes disfrutar doutra peza, acompañando a un famoso conto do escritor danés Hans Christian Andersen, escrito no 1838!!
Libros e xoguetes, polo Nadal.

MÉRCORES 2: Hallelujah. Lindsey Stirling.

Xa falta menos para o Nadal, moitos diredes Aleluia!!

Así se chama esta canción tamén. Orixinalmente é dun cantautor chamado Leonard Cohen, no ano 1984, pero a súa non é a máis popular de tódalas versións.

Lindsey é unha violinista, bailarina, vocalista e compositora estadounidense. Dende pequena interesábanlle moito dúas cousas: o baile e o violín. A súa familia non podía pagarlle clases das dúas; así que tivo que elixir, e quedou co violín, pero sen renunciar a bailar. Xa de rapaza, logo de presentarse a concursos onde dubidaban da súa capacidade para facer as dúas cousas ben ó tempo, decidíu amosarse en internet, onde obtivo grande éxito. Hoxe en día é unha estrela. Dixo un día: "A única razón pola que teño éxito é porque me manteño fiel a min mesma".

Que ninguén che diga que non podes. Por que non?
Bueno, e por se queredes seguir celebrándo...