Comezamos o mes de Febreiro, tempo de Entroido. Este ano será distinto ó habitual, pero non ten porque perder a súa esencia. Troulas, risas, inxenio, máscaras, música...
Uns bailan cos pés, outros coas mans... O caso é danzar.
Escoitamos hoxe un tema que é probable que vos soe porque se empregou no baile de Elmer o entroido pasado...
Trátase de "Letkiss Jenkka" de Roberto Delgado e a súa orquestra, 1964. Hai moitos bailes e xogos con esta peza popular nos paises nórdicos.
Poñeremos só estas:
Outra doada:Unha en parella, máis difícil...pero non tanto. Animádevos a facela na casa.Se queredes aprender de percusión tedes que falar con Icía de 5º...Dáselle moi ben!
A Danza das Mil Mans interpretada por 21 bailarinas xordomudas! Debutaron na clausura das Olimpiadas Paralímpicas do 2004, converténdose en todo un fenómeno mundial.
Adicada á deusa budista da compasión Guan Yin.
"En tanto sexas amable e haxa amor no teu corazón, mil mans virán naturalmente na túa axuda. En tanto sexas amable e haxa amor no teu corazón, alongarás con mil mans para axudar a outros".