MÉRCORES 10/02: O entroido das emocións:TRISTURA

Poema de Rosalía de Castro, interpretado por Carlos Núñez e Luz Casal, incluido na banda sonora da premiada película Mar Adentro do director Alejandro Amenábar. Música triste para unha película triste, onde se expón o caso real dun home galego chamado Ramón Sampedro que quedou tetrapléxico logo dun accidente na praia. O dereito á eutanasia é sempre un tema polémico...

Non sempre se chora de pena, ás veces a emoción é outra. Esta muller que veredes de seguido, gañou un concurso para poder tocar con esta orquestra.Sofre unha enfermidade que non tardando moito a apartará da música profesional. Por que pensades que chora? A rapaza loira que ri ,e tamén chora, é a súa filla.
Dende logo, a peza interpretada é  a de unha das bandas sonoras máis tristes do cine. Se querdes saber máis, preguntade.
Gústavos que chova, ou non? Seguro que hai distintas opinións... Parece que o autor destas imaxes atopa a beleza mesmo nos días máis escuros...  Santiago de Compostela ten sona de ser moi chuvioso, pero que dirán os rexistros meteorolóxicos? Canto hai de verdade nos tópicos?
Deixámosvos con este fermoso tema de Luar na Lubre.