É unha agrupación de música e danza tradicional irlandesa de Madrid. Formada por catro bailarinas e catro músicos. Nos seus espectáculos tamén fusionan o tradicional con outros xéneros para crear propostas cheas de frescura e orixinalidade.
LUNS 16/11. Irish Treble Danza Irlandesa.
XOVES 12 /10 , Balorleak2018.
Baloreak(valores) é o nome dun grupo que tenta achegarnos coas súas cancións iso, fomentar valores esenciais humanos. Nenos doutros países tamén colaboran con eles.
MÉRCORES 11/11.HUMAN,2015.
Yann Arthus -Bertrand é un fotógrafo francés mundialmente coñecido polos numerosos libros de fotografías aéreas do noso planeta, as súas paisaxes e xentes. Na nosa Biblioteca temos algún. Tamén fai documentais coma este, do que presentamos algún cachiños...
MARTES 10/11.PÁRAMO PICTURES
Páramo Pictures é un grupo galego que ten moito éxito na rede.
Está formado por Daniel Moreiras, vocalista da orquestra Costa Dorada; Iván Capón, profesor de instituto; e María Portero, psicóloga.
Fan parodias de cancións coa retranca típica da nosa Galicia. Poñen en valor o mundo rural en clave de humor. A idea é pasalo ben, aínda que non desaproveitan a oportunidade de facer crítica política e social.Non o creredes, pero atopamos un artigo escrito dunha profesora universitaria rusa analizando o seu éxito! Parabéns para eles.
LUNS 9/11.CONCHITA.
Hoxe adicámoslle o día ás persoas que están enfermas.
Comezamos con esta canción de Conchita, unha cantante e compositora española que naceu en Finlandia e vivíu en Rusia, Francia e Alemania ata os 14 anos...
Toca a guitarra, o piano e a batería; ademáis de participar en todo o proceso creativo dos seus vídeos.
"Un beso redondo" foi a súa achega para conmemorar o Día do Neno Hospitalizado (o 13 de Maio) do ano 2015, con fins benéficos.
VENRES 6/11.Gran concerto de A Gramola Gominola
Unha proposta de calidade que garante diversión para gozar en familia a través da música.
No seu repertorio hai temas con diferentes ritmos musicais que van desde o rock, disco, punk ou reggae.
Músicos: Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz(batería).
PREMIO MARTIN CODAX DA MÚSICA 2018 Ao MELLOR GRUPO INFANTIL

